Buzzel, Edward
Buzzel, Edward
Actor, guionista e realizador cinematográfico norteamericano. Dirixiu dúas películas interpretadas polos irmáns Marx. Traballou para Columbia a finais dos anos vinte en obras cómicas fundamentalmente. Entre as súas realizacións cómpre destacar: The Big Timer (O gran reloxo, 1931), The Girl Friend (A amiga, 1935), Three Married Men (Tres homes casados, 1936), At the Circus (Os irmáns Marx no Circo, 1939), Go West (Viaxe ao oeste, 1940), The Song of the Thin Man (A canción do home delgado, 1947) e Mary had a Little (Mary tivo unha pequena, 1961).
Cronología
-
Nacemento
-
Deceso