Byctiscus
Byctiscus
[ANIMAL/ENTOM]
Xénero de gurgullos de cor verde ou azul metálico na fase adulta. As femias poñen os ovos nunha folla que desenvolven lonxitudinalmente logo de roer parcialmente o pecíolo para que murche sen chegar a caer; para manter o rolo pegan as beiras do limbo da folla cunha secreción anal. Entre as especies deste xénero cómpre destacar B. populi, que de adultos acadan os 5 mm de lonxitude e empregan follas de amieiro, e B. betulae, que acadan ata 9 mm de lonxitude e viven en diversas árbores frondosas e nas viñas, polo que pode constituír unha praga para este cultivo.