Byrd, Richard Evelyn

Byrd, Richard Evelyn

Navegante, aviador e explorador norteamericano. Contribuíu decisivamente aos primeiros voos transatlánticos. Efectuou unha expedición á Ártida e sobrevoou o Polo Norte por primeira vez o 9 de maio de 1926. En 1928 comezou a da Antártida, onde fundou a base de Little America. Sobrevoou o Polo Sur en 1929, descubriu unha terra á que deu o nome da súa muller, Marie Byrd. Organizou catro expedicións máis á Antártida, nas que ergueu os planos topográficos dunha parte do territorio, fotografou a costa dende o aire e realizou importantes observacións científicas.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Winchester, Virginia

  • Deceso

    Lugar : Boston, Massachusetts