Byrd, William

Byrd, William

Compositor inglés. Foi alumno de Thomas Tallis en Londres e organista e mestre de coro da catedral de Lincoln (1563). En 1575 obtivo a licenza da Raíña Isabel, xunto con Tallis, para publicar e imprimir música. Acadou gran sona e foi o compositor máis versátil da súa época. De extensa e variada produción, é autor de tres misas, catro servicios, máis de douscentos motetes latinos, e composicións profanas que deben ser consideradas os primeiros madrigais ingleses.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Lincoln

  • Deceso

    Lugar : Stondon Massey, Essex