Caamaño, Ramón
Fotógrafo. A súa dedicación á fotografía comezou no ano 1924 de forma autodidacta. Anos máis tarde pasou varios invernos en Santiago onde aprendeu co fotógrafo Ksado. Ao longo da súa vida, sempre na Costa da Morte, foi retratando as súas paisaxes así como o xeito de vivir dun pobo e todos os aspectos relacionados coas súas actividades laborais e sociais. Na súa obra reflectiu os traballos do mar e do campo, as actividades manuais dos carpinteiros, toneleiros, palilleiras, a actividade nas feiras e nas oficinas, a vida nas escolas; tamén as procesións e peregrinacións, os velorios, as festas e romarías, o teatro, os faladoiros e o deporte. O seu estilo baséase na sinxeleza de medios. Interesouse polo cine e proxectou películas polas vilas da área de Corcubión dende o ano 1927. Publicou fotografías en diversos xornais e revistas como ABC, Ahora, Céltiga, La Voz de Galicia, El Ideal Gallego, La Noche, España y América, Finisterre, Stampa, Vida Gallega, Hijos de Mugía e Alborada (estas dúas últimas de Bos Aires). Realizou tamén álbums de postais de Fisterra, Cee, Muxía, Porto do Son e Corcubión. En 1982 publicou e editou o libro Muxía. Guía Turística.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Muxía