Caamaño Gesto, Xosé Manuel

Caamaño Gesto, Xosé Manuel

Arqueólogo. Profesor de arqueoloxía na Universidade de Santiago de Compostela, especializouse en diferentes aspectos da romanización en Galicia dende que en 1976 defendeu a súa tese sobre La vía romana número 18 del Itinerario Antonino a su paso por la provincia de Ourense. Dirixiu a escavación do campamento romano de Cidadela (Sobrado dos Monxes) e do xacemento de Temes (Carballedo). Foi director do departamento de Prehistoria e Arqueoloxía da Universidade de Santiago de Compostela e membro da comisión técnica de arqueoloxía da Xunta de Galicia e colaborou nas revistas Gallaecia, Larouco, Lucus, Cuadernos de Estudios Gallegos, Boletín Auriense, Conimbriga, Boletín do Museo Provincial de Lugo e Cadernos de Arqueoloxía. É autor dos libros Guía del campamento romano de Cidadela (1994), As vías romanas (1998) e La vía Nova (18 Itinerario Antonino) su tramo galaico (2000). Pertenceu ao Instituto Padre Sarmiento e a outras institucións galegas e portuguesas relacionadas co patrimonio arqueolóxico.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Noicela, Carballo