cabal
cabal
(< cabo)
-
adx
Que non carece de nada, que está ou é como debe ser ou que se axusta en peso ou medida.
Ex: Acabamos os cursos cunha idea cabal da realidade sociolingüística do país.
-
adx
Referido a persoas, aplícase a quen obra con xuízo.
Ex: Tranquilo, os dous condutores que levamos connosco son persoas moi cabais.