cabalgada

cabalgada

(< cabalgar)

  1. s f
    1. Incursión da cabalería en territorio inimigo.

    2. [HIST]

      Expedición armada de saqueo e castigo á que, na Idade Media, tiñan que asistir os vasalos menores de 60 anos por orde do señor respectivo. Diferenciábase da hoste porque non podía superar un día de duración. As disposicións relativas a este tipo de expedición foron recompiladas no Fuero de las cabalgadas.

    3. [HIST/DER]

      Dereito do señor a dispor dos vasalos para as cabalgadas, redimible por un tributo.

  2. s f

    Persoas que realizan unha carreira a cabalo.

Palabras veciñas

cabalería | cabalete | cabaletta* | cabalgada | cabalgadura | cabalgamento | cabalgar