Cabanas, Festa das
Cabanas, Festa das
Festividade xudía, tamén chamada dos tabernáculos (en hebreo, sukkōt), que ten lugar do 15 ao 22 de tišrī (setembro-outubro no calendario gregoriano) en conmemoración do tempo no que os israelitas habitaron no deserto, trala súa fuxida de Exipto.