Cabarrús Lalanne, Francisco
Financeiro e diplomático ilustrado, conde de Cabarrús. Á súa iniciativa débese a creación do Banco de San Carlos (1782), o primeiro banco oficial da monarquía, do que foi director; a creación duns vales reais para financiar a guerra con Gran Bretaña (1779-1783) e a formación da Compañía de Filipinas (1785), que monopolizou o comercio con Asia. Foi conselleiro de Facenda con Godoy e, a partir de 1797, como ministro plenipotenciario, realizou diversas misións diplomáticas en Europa a favor do Directorio, entre as que cómpre salientar as conversas de paz franco-británicas de Lille. Así mesmo, foi director da Caixa de Consolidación de Vales creada por Murat en 1808. Ao acceder ao trono Xosé I Bonaparte, foi nomeado ministro de Facenda. Entre outras obras escribiu: Erudición política: despertador sobre el comercio, agricultura y manufacturas, con abisos de buena política (1743), Cartas sobre los obstáculos que la naturaleza, la opinión y las leyes oponen a la felicidad pública (1792-1793), dirixidas a Jovellanos, Consideraciones de un español a sus conciudadanos (1808) e Cartas político económicas (1841).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Bayona, Francia -
Deceso
Lugar : Sevilla