Cabasilas, Nicolao

Cabasilas, Nicolao

Teólogo bizantino. Desenvolveu unha carreira política a favor de Xoán VI Cantacuceno, co que, xunto co seu amigo Demetrio Cidones, compartiu en dúas ocasións vida monástica. Malia que permaneceu sempre laico, foi proposto para ocupar a sé episcopal de Tesalónica. Foi amigo e partidario dos palamitas, aínda que non entrou de cheo nas polémicas doutrinais. Entre os seus escritos teolóxicos destacan A vida en Cristo e Explicación da divina liturxia.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Tesalónica

  • Deceso