Cabestany, Mestre de
Cabestany, Mestre de
Escultor románico anónimo. Caracterízase polo pregamento das vestiduras, pola forma das mans e, sobre todo, pola expresión das cabezas, de onde emerxen os ollos, marcados con dous golpes do trépano baixo o arco das cellas. Da súa autoría destaca o tímpano da igrexa de Cabestany, no Rossellón. Tamén desenvolveu a súa actividade por Catalunya, Navarra e Toscana.