Cabet, Étienne

Cabet, Étienne

Político e escritor francés. Iniciando a súa traxectoria política no carbonarismo, estudiou axiña as experiencias de Owen, que sintetizou nun comunismo integral, difundido a través de Voyage en Icarie (Viaxe a Icaria, 1839). Opúxose aos réximes de Carlos X e Luís Filipe de Orleans e foi perseguido, polo que se exiliou no Reino Unido de 1834 a 1839. Trala revolución de 1848 marchou aos EE UU con diversos grupos de seguidores (icarianos), cos que fundou dúas comunidades utópicas, unha en Texas e outra en Illinois, que fracasaron por disensións internas.

Cronología

  • Deceso

    Lugar : Saint

  • Nacemento

    Lugar : Dijon, Borgoña

  • Deceso

    Lugar : Louis, Missouri