Cabeza de Meda
Cabeza de Meda
Pequeno sistema montañoso do L de Galicia que se estende entre as parroquias de Caxide, As Paradellas (concello de Parada de Sil), As Chás (concello de Montederramo) e Xunqueira de Espadanedo (concello de Xunqueira de Espadanedo). O seu cumio, o monte Meda, con 1.320 m de altitude, atópase no vértice destas catro parroquias.