Cabiros
Cabiros
[MIT]
Grupo de divindades da mitoloxía grega, seguramente de procedencia frixia, que personifican as forzas da natureza. Recibían cultos de carácter misterioso en Samotracia, onde tamén eran denominadas grandes deusas, Lemnos, Mileto, Pérgamo e Tebas.