Cabiria

Cabiria
[IMAX]

Produción cinematográfica italiana realizada entre 1913 e 1914. Foi dirixida por Giovanni Pastroni e interpretada por Lydia Quaranta, Itala Almirante, U. Mazzto e B. Pagano. O argumento desenvólvese ao redor de Cabiria, unha rapaza raptada por Cartago onde vai ser sacrificada ao deus Baal. Salvada por un patricio romano e polo seu escravo Maciste, reciben a axuda da raíña Sofronisba. Os especialistas, os decorados e as novidades visuais e técnicas, converteron este filme nun clásico do cine italiano.

Palabras veciñas

cabina | Cabinda | Cabío | Cabiria | cabiros | Cabiros | cable