cabina
(
-
s
f
[TECNOL]
Cámara ou espacio, xeralmente de dimensións reducidas, illado do resto dunha instalación, vehículo ou aparato desde o que unha ou máis persoas exercen o mando sobre algún mecanismo. Como exemplos cómpre destacar a cabina de control destinada ao control dos sinais e das agullas nos ferrocarrís, ou a cabina de gravación ou de proxección empregada en estudios, salas de audición ou en salas cinematográficas. No que respecta a vehículos ou aparatos, fálase da cabina dun camión, dun avión, dunha astronave, dun ascensor, etc.
Ex: A música e a iluminación da discoteca contrólase desde a cabina.
-
s
f
Local, xeralmente de pequeno tamaño, acondicionado para cambiarse de roupa.
Ex: Durante as obras puxeron unha cabina para os obreiros.
-
s
f
[MAR]
Cámara pequena destinada a dormitorio ou espacio habitable dunha embarcación. Algúns iates de grandes dimensións dispoñen de cabina de proa, salón e cabina de popa.
Sinónimos: camarote. -
cabina da pasaxe
Parte habitable dun avión destinada á pasaxe.
-
cabina telefónica
[COMUN]
Caseta ou compartimento que ten no seu interior un teléfono público, situado en locutorios ou na vía pública.
Confrontacións: locutorio.