cabilo -la

cabilo -la

(< topónimo Cabilia)

    1. adx

      Relativo ou pertencente a unha cabila ou aos cabilos.

    2. s

      Individuo pertencente a unha cabila.

    1. adx

      Relativo ou pertencente a Cabilia ou aos seus habitantes.

    2. s [ETN]

      Individuo dun pobo bérber que habita na rexión de Cabilia.

    3. s m [ETN]

      Pobo bérber pertencente á rexión de Cabilia. Componse de agricultores e pastores sedentarios que habitan en vilas formadas por casas agrupadas cun só teito e divididas en clans rivais (soffs). No pasado estiveron asociados en confederacións de tribos; o seu nome, Taqbailit, denominaría a rexión. Sometidos a unha forte influencia árabe, os habitantes da Gran Cabilia manteñen a lingua bérber.

Palabras veciñas

Cabiedes | cabila | Cabilia | cabilo -la | Cabimas | cabina | Cabinda