Cabo Villaverde, Xosé Luís
Historiador da fotografía. Cursou estudios de cinematografía en Madrid. Comezou a súa andaina profesional como creador do Arquivo de Imaxe de Galicia. Entre 1985 e 1989 colaborou na organización das Xornadas de Cine e Vídeo de Galicia (XOCIVIGA). Dende 1990 foi o responsable do departamento de fotografía e documentación do CGAI. Participou en diversos proxectos, entre eles, a catalogación dos cinematógrafos galegos con Xosé Enrique Acuña e a reedición das obras de Paulo Pérez Costanti. Amais ten exercido como comisario de exposicións, crítico e conferenciante. Director do Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI), escribiu numerosos artigos como “Recuperación da fotografía” (1985), “Pérez Costanti y la historia del periodismo en Compostela” (1992), “A Fotografía” (1999) e “O proxecto galego de Ruth M. Anderson”, en Ruth M. Anderson: Fotografías de Galicia 1924-1926 (1998). Entre as súas obras fotográficas destacan Imaxe de Compostela (1991), As imaxes do traxe en Galicia (1992), As imaxes do patrimonio arquitectónico desaparecido (1992) e Compostela. Memoria fotográfica (1996).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Santiago de Compostela