Cabo-Haïtien
Cabo-Haïtien
Capital do departamento Norte, en Haiti, situada na costa setentrional (100.638 h [estim 1995]). A súa principal actividade económica é a agricultura, con produción de cacao e café principalmente. Fundada en 1670 polos franceses, foi capital da colonia ata 1770. Henri Christopher deulle o nome de Cabo Henri e converteuna en capital do seu reino (1811-1820).