cabochien*

cabochien*
s m [HIST]

Membro da facción dirixida polo gremio dos carniceiros que dominou París durante a primavera e o verán de 1413. A denominación proviña de Caboche, alcume dun dos seus xefes, Simon Lecoustellier. A facción militaba no partido borgoñón e esixía a reforma da administración real e sufraxios para nomear as autoridades políticas. Lograron que fose aprobada unha ordenanza chamada cabochienne.

Palabras veciñas

Cabo, O | Cabo, O | Cabo-Haïtien | cabochien* | caboclo -cla | cabodano | Cabodevila