Cabral
Liñaxe natural de Cabral, no concello de Vigo. Estendeuse por Castela e por Portugal, unha rama pasou a Ceuta e algúns chegaron ao Nuevo Reino de Granada. Os de Galicia levan como armas, en campo de ouro, unha árbore de sinople e dúas cabras de goles, empinadas ao tronco. Outros heraldistas recollen o mesmo escudo pero engádenlle unha terraza de sinople. Os de Burgos traen escudo partido: primeira partición, en campo de prata, cunha árbore de sinople e unha cabra de sable, con manchas de goles, empinada ao tronco; segunda partición, en campo de azul, con tres bandas de ouro. Outros ostentan, en campo de sinople, dúas cabras de prata, postas en pao, e na punta unhas espigas de trigo de ouro. Os de Portugal levan, en campo de prata, dúas cabras de goles, postas en pao. Outros representan, en campo de ouro, catro escaques de azul.