Cabral, José María

Cabral, José María

Militar e político dominicano. Comandou as tropas dominicanas que expulsaron os haitianos na Batalla de Santo Tomé, no ano 1855. Loitou, tamén, contra a anexión do seu país a España no ano 1861, o que lle valeu a deportación. Volveu á República Dominicana no ano 1864 e un ano máis tarde, en 1865, foi nomeado presidente por un breve período de tempo. Xefe do Partido Reformista coñecido co nome de Azul, foi presidente da República Dominicana entre 1866 e 1868. Durante o seu mandato realizou un proxecto para alugar a baía de Samaná aos estadounidenses, o que lle valeu unha perda de confianza por parte dos seus aliados, e asinou un tratado co goberno español polo que este renunciaba aos seus dereitos sobre Santo Domingo. Derrocado por un proceso revolucionario viuse obrigado a exiliarse a Venezuela, mais volveu en 1875 como ministro de Guerra e Mariña e Interior.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : San Cristóbal

  • Deceso

    Lugar : Santo Domingo