Cabrera

Cabrera

Illa máis grande do arquipélago de Cabrera (15,7 km2), situada ao S de Mallorca, fronte ao cabo Salinas. Forma parte do municipio de Palma de Mallorca. Ten unha espesa garriga, oliveiras silvestres, cedros e zonas de piñeiros. De relevo accidentado, só son cultivables pequenas chairas nos vales. As súas costas son escarpadas e recortadas. En 1991 foi declarado Parque Natural Marítimo-Terrestre polos seus excepcionais valores naturais e paisaxísticos.