cabriola
cabriola
(< ital capriola)
-
s
f
Salto que se dá ao bailar cruzando os pés no aire.
Ex: Caeu facendo cabriolas no escenario.
Confrontacións: brinco, chimpo, chouto. -
s
f
Salto que se realiza dando unha volta no aire.
Ex: Realizou dúas cabriolas seguidas e mareouse.
Sinónimos: pirueta. -
s
f
Salto que realiza o cabalo dando un par de couces no aire.
Ex: No curro víanse os cabalos como facían cabriolas decote.