Cacahuete, El

Cacahuete, El

Semanario satírico aparecido en Vilagarcía de Arousa o 18 de abril de 1907. Subtitulado como “Órgano de los trasnochadores, con imprenta prestada”, desapareceu probablemente no nº5 (19 de maio de 1907); en 1908, outra publicación, El Percebe, comprou todos os seus obradoiros e a propiedade intelectual. Editábase na imprenta de Juan Cid. Foi dirixido e redactado polo escritor Ricardo Urioste, segundo aparece reflectido en El Umia. Ao longo de catro páxinas intercalaba as seccións “Alcance telegráfico”, “Cacahueterías”, “Política al día” e “Última hora”, xunto cun apartado de anuncios non pagados, empregados para a crítica satírica dalgunha persoa ou institución, entre elas, o propio concello. Malia ter escasas contribucións literarias, rexístranse algúns poemas en castelán e un poema en galego asinado por Rivadulla.