cacao

cacao

(< nahuatl cacahuatl ‘carozode cacao’)

  1. s m [PLANTA]

    [Theobroma cacao, Fam das esterculiáceas]

  2. [ALIM]
    1. s m

      Semente ou gran do cacao, constituínte básico do chocolate. Para obter a pasta de cacao, aceitosa e rica en graxas e proteínas, as sementes déixanse fermentar para que perdan o sabor amargo orixinal, logo son torradas e moídas; a calor fai fundir a graxa convertendo o cacao nunha pasta semilíquida. Para obter o chocolate doce engádenselle a este chocolate amargo, azucre e aromatizantes. Constitúe un alimento de alto valor enerxético, de acción diurética e con propiedades estimulantes do sistema nervioso central, xa que contén teobrina e cafeína.

    2. s m

      Bebida que se prepara disolvendo cacao azucrado en leite ou auga.

    3. cacao azucrado

      Cacao en po con azucre.

    4. cacao en po

      Cacao sometido a un proceso de moído, procedente do prensado no que se extrae a manteiga. É tratado con varias substancias para conseguir que se disolva máis facilmente.

    5. cacao holandés

      Cacao ao que se lle engade carbonato potásico durante a torrefacción para facelo máis facilmente soluble.

    6. cacao ó álcali

      Cacao tratado cun álcali durante o proceso de torrefacción, mediante o que o produto adquire unha cor e un sabor máis fortes. A acidez do álcali axuda a que o cacao sexa máis facilmente soluble en auga ou en leite quente.

    7. cacao soluble

      Cacao en po, enriquecido con varias substancias edulcorantes e aromatizantes, tratado con substancias alcalinas para poder divolvelo facilmente en auga ou leite.

    8. crema de cacao

      Preparado comercial de consistencia pastosa ideado para untar e constituído fundamentalmente por azucre e graxas, aromatizado con cacao. Emprégase frecuentemente nos países desenvolvidos para a preparación de bocadillos, emparedados e semellantes.

    9. manteiga de cacao

      Graxa do cacao que se separa da pasta do cacao ou dos grans torrados e descascados. É unha masa sólida e de cor branca. Utilízase na elaboración do chocolate e, en farmacia, como excipiente de supositorios e pomadas ou en forma da barra para protexer os beizos da desecación.

Palabras veciñas

cacahuete | Cacahuete, El | Cacajao | cacao | cacaracá | cacareixón | cacarelo -la