cacatúa

cacatúa

(< voz onomatopeica malaiakakatuwa, canto desta ave)

  1. s f [ANIMAL/ORNIT]

    Ave da familia dos cacatúidos, de ata 80 cm de lonxitude, curupela eréctil que pode ser de cor distinta ao resto da plumaxe, ás longas, cola curta e peteiro forte, dentado e comprimido lateralmente. De hábitos arborícolas, evolucionan malamente no chan e son boas gabeadoras. Viven nas proximidades dos grandes cursos de auga das selvas tropicais e ecuatoriais de Nova Guinea, Filipinas, as Molucas e Australia. Ao amencer abandonan as copas das árbores onde pasan a noite e baixan ao solo do bosque. Aliméntanse de froitos, sementes, gromos, tubérculos e, ás veces, de insectos e vermes. A súa voz, rouca e estridente, deulle nome a esta ave de forma onomatopeica. As parellas xeralmente fan un buraco nas árbores vellas e cobren o fondo cun leito de restos principalmente vexetais, onde teñen un máximo de catro crías que coidan ata que se independizan. Son aves moi lonxevas, algunhas especies acadan máis de 50 anos e existen casos rexistrados en catividade de exemplares que superaron os 100 anos. Moitas especies están en perigo de extinción tanto polo comercio de aves silvestres como pola destrución dos seus hábitats.

  2. cacatúa arará [ANIMAL/ORNIT]

    [Proposciger aterrimus, Fam dos cacatúidos]

  3. cacatúa branca [ANIMAL/ORNIT]

    [Cacatua galerita, Fam dos cacatúidos]

  4. m cacatúa das Molucas [ANIMAL/ORNIT]

    [Cacatua

  5. cacatúa de Leadbeater [ANIMAL/ORNIT]

    [Cacatua leadbeateri, Fam dos cacatúidos]

  6. f cacatúa negra [ANIMAL/ORNIT]

    [Calyptorhynchus

  7. s cacatúa ninfa [ANIMAL/ORNIT]

    [Nymphicu

Palabras veciñas

cacarexador -ra | cacarexar | cacarexo | cacatúa | cacatúido | cacatuíno | caccia*