caccia*

caccia*
s f [MÚS]

Composición vogal en forma de canon, moi cultivada en Italia no s XIV e a principios do XV. Normalmente os textos representan escenas de caza que describen alegoricamente persecucións amorosas. Na súa forma máis corrente está escrita para voces agudas en canon acompañadas dun tenor. Contemporánea do antigo madrigal, foi cultivada pola maior parte dos músicos da ars nova.

Palabras veciñas

cacatúa | cacatúido | cacatuíno | caccia* | Caccini, Giulio | cacea | cacear