cacemphaton

cacemphaton

(

s m [LIT]

Recurso fonosemántico que consiste na suxerencia ou formación dunha palabra ou expresión malsoante, obscena ou degradante a partir da xustaposición ou da amalgama de sílabas pertencentes a palabras correlativas no discurso, nuns casos, e da división dunha palabra en dúas, noutros. Emprégase na literatura satírica e burlesca. É unha das figuras que se recollen na Arte de Trobar.

Ex: “O doutor Marañón, un auténtico Jung a la española,/ era a masa ence(fálica) da Segunda República./ Era (peri)patético, mestre do esoterismo/ nas artes da sospeita.” (María do Cebreiro, O estadio do espello, 1999, p 13).

Citas

  • “O doutor Marañón, un auténtico Jung a la española,/ era a masa ence(fálica) da Segunda República./ Era (peri)patético, mestre do esoterismo/ nas artes da sospeita.” (María do Cebreiro, O estadio do espello, 1999, p 13).

Palabras veciñas

Caccini, Giulio | cacea | cacear | cacemphaton | cacereño -ña | cáceres | Cáceres