Cáceres

Cáceres

Provincia da Comunidad Autónoma de Extremadura (19.945 km2; 413.396 h [1996]). A capital é Cáceres. Está constituída por 119 concellos, entre os que destacan pola súa poboación, Plasencia (37.299 h), Navalmoral de la Mata (15.819 h) e Mijadas (9.907 h). A provincia formouse en 1833 trala división das terras extremeñas en dous, agrupando dentro dos seus límites a Alta Extremadura e algunhas vilas das antigas provincias de Ávila e Salamanca. A capitalidade disputábana Cáceres e Plasencia, aínda que finalmente recaeu sobre a primeira, polo seu maior peso como sé episcopal. O seu relevo está condicionado polos Montes de Toledo ao S, e polo Sistema Central ao N. O val do río Júcar e os seus afluentes atravesan a provincia. O tipo de gandería, a escaseza de auga e a agricultura de tipo extensivo, deron orixe a un poboamento de carácter concentrado. A súa economía baséase na agricultura (trigo, cebada, centeo, avea e millo) e na gandería (ovina, vacúa, porcina e cabrúa). As industrias principais son as relacionadas coa agricultura, destacando a produción de tabaco e de algodón.

Palabras veciñas

cacereño -ña | cáceres | Cáceres | Cáceres | Cáceres, Andrés Avelino | cacería | caceta