1 cachote

1 cachote

(< 1 cacho)

  1. s m

    Anaco grande de pedra que se desprende dunha rocha ou dun penedo.

  2. s m

    Pedra irregular e sen labrar utilizada na construción de muros, en valados e vivendas. Pode ir unido con barro ou incluso sen nada.

    Confrontacións: cascallo, rebo.
  3. s m

    Fragmento de pedra, ladrillo ou outro material desprendido dunha construción, normalmente en estado de derrubamento. Pode usarse como recheo en novas construcións.

    Confrontacións: cascote, entullo.

Frases feitas

  • Dar cachote. Matar un animal baténdolle na cabeza.

Palabras veciñas

2 cachorro | 3 cachorro | 1 cachorro -rra | 1 cachote | 2 cachote | Cachote | cachotería