cachotería

cachotería

(< cachote)

  1. s f [ARQUIT]

    Obra de fábrica realizada con cachotes ou con pedras labradas rudamente, que se dispoñen de xeito irregular. Entre os cachotes, para que se asenten ben, colócanse pequenas pedras chamadas ripios.

  2. cachotería aparellada [ARQUIT]

    Cachotería na que os elementos constituíntes son dun tamaño semellante en cada fiada; non obstante estas non son iguais entre si.

  3. cachotería careada [ARQUIT]

    Cachotería que constitúe o exterior do paramento polas caras das pezas menos irregulares.

  4. cachotería concertada [ARQUIT]

    Cachotería na que os cachotes están aparellados sen elementos de unión.

  5. cachoteria encintada [ARQUIT]

    Cachotería feita de recebo exterior e pintada con cal.

  6. cachotería ordinaria [ARQUIT]

    Cachotería que está formada por cachotes irregulares e argamasa, e que deixa visible o cascallo no paramento.

  7. cachotería en seco [ARQUIT]

    Cachotería na que os cachotes non están unidos por argamasa.

Palabras veciñas

1 cachote | 2 cachote | Cachote | cachotería | cachoula | cachoupa | cachourizo