cacodilo
cacodilo
(
-
[QUÍM]
-
óxido de cacodilo [óxido de dimetilarsina]
Derivado orgánico do arsénico, o primeiro que se coñeceu (1760). É un líquido de olor aliáceo e repulsivo, principal compoñente do líquido de Cadet. Ferve a 120°C e obtense por destilación do acetato de potasio ou de sodio co trióxido de arsénico.
-
s
m
Denominación non sistemática do radical univalente -As(CH 3 ) 2 , do que se coñecen distintos derivados, como o óxido, o cloruro, o sulfuro, o cianuro, etc, caracterizados polo seu fedor insoportable.
-
óxido de cacodilo [óxido de dimetilarsina]
-
s
m
[QUÍM]
Dímero do radical cacodilo. É un líquido oleoso obtido por metilación do arsénico ou por redución do óxido de cacodilo. Inflámase en contacto co aire, solidifica a -6°C, ferve a 170°C e é insoluble en auga.