cacofonía

cacofonía

(

  1. s f [LING]

    Son que produce un efecto acústico desagradable, resultado da repetición dos mesmos fonemas, do encontro de certas palabras, da reiteración de sílabas idénticas ou da asociación de sons discordantes. Na literatura existen casos de utilización intencionada deste fenómeno para producir determinados efectos, que poden ser degradantes ou por harmonía imitativa.

    Antónimos: eufonía.
  2. s f [MÚS]

    Encontro de sons desagradables ao oído producido por voces ou instrumentos discordantes.

    Antónimos: eufonía.

Palabras veciñas

cacodilato | cacodílico -ca | cacodilo | cacofonía | cacofónico -ca | cacografía | cacoloxía