cacuminal
cacuminal
(< lat cacūmen-ĭnis)
-
adx
[LING]
Aplícase aos sons que se articulan coa lingua elevada cara aos alvéolos superiores ou ao padal, de modo que os toque co bordo ou coa cara inferior do seu ápice. Tamén recibe o nome de cerebral ou retroflexa. No dominio románico, este tipo de articulación, que pode ser simple ou xeminada (representada foneticamente ḋ ou ḋḋ), aparece en Sardeña, Sicilia, Apulia, Calabria e nunha zona do asturiano central.
-
adx
[XEOL]
Relativo ou pertencente aos cumios das montañas.
-
área cacuminal
[ECOL]
Bioma azonal que aparece por riba do límite altitudinal dos bosques.