cadafalso

cadafalso

(

  1. s m

    Plataforma levantada para a execución dun condenado.

    Ex: Mandárono que subise ó cadafalso porque o ían aforcar.

    Sinónimos: patíbulo.
  2. s m

    Taboado preparado para un acto solemne.

    Ex: Desfilaron todas as tropas diante do cadafalso.

    Sinónimos: tribuna.
  3. s m [HIST/BÉL]

    Galería de madeira situada na parte superior do muro, cuberta a xeito de parapeto para a defensa vertical.

Palabras veciñas

Cadabedo | cadabullar | cadabullo | cadafalso | cadaleito | Cadaleito, O | Cadalso de los Vidrios