cadaleito

cadaleito

(< lat v *catalectu < latcatāre ‘mirar’ + lat lectu ‘leito’)

  1. s m

    Caixa de madeira ou doutros materiais onde se coloca o morto para enterralo.

    Ex: O cadaleito no que ía o morto fabricárano en Ribadavia.

    Sinónimos: ataúde, caixa, caixón, féretro. Confrontacións: sartego.
  2. s m

    Antigamente, especie de angarellas nas que se transportaba os defuntos dende a igrexa ao cemiterio.

    Ex: Ó pobre levárono a enterrar nun cadaleito porque non tiña cartos para comprar un ataúde.