caixón

caixón

(< caixa)

  1. s m

    Caixa grande usada habitualmente como embalaxe.

  2. s m

    Caixa sen tapa, encaixada no oco dun moble, que se utiliza para gardar cousas e que se pode desprazar cara a dentro ou cara a fóra para abrilo ou pechalo.

    Sinónimos: estoxo, gabeta.
  3. s m

    Caixa longa de madeira ou doutros materiais e con tapa destinada a depositar un cadáver ao que se vai dar sepultura.

    Sinónimos: ataúde, cadaleito, caixa, féretro.
  4. s m [ARQUIT]

    Cada un dos espacios nos que se divide unha parede por medio dos machóns.

  5. s m [ETN]

    Caixa de madeira situada sobre a pedra do muíño onde se bota o gran para que vaia caendo pouco a pouco na quenlla.

    Sinónimos: moxega, tremoia.
  6. s m [ETN]

    Obxecto de madeira semellante a unha caixa aberta por un lado que utilizaban as lavandeiras para protexerse da humidade.

  7. caixon de arrear

    alforxa.

Frases feitas

  • Caixón de xastre. Conxunto de cousas mesturadas sen relación entre elas ou lugar onde están.

Palabras veciñas

Caixavigo | caixeiro -ra | caixista | caixón | caixumela | caixumelear | caixumelo