caixón
caixón
(< caixa)
-
s
m
Caixa grande usada habitualmente como embalaxe.
-
s
m
Caixa sen tapa, encaixada no oco dun moble, que se utiliza para gardar cousas e que se pode desprazar cara a dentro ou cara a fóra para abrilo ou pechalo.
Sinónimos: estoxo, gabeta. -
s
m
Caixa longa de madeira ou doutros materiais e con tapa destinada a depositar un cadáver ao que se vai dar sepultura.
Sinónimos: ataúde, cadaleito, caixa, féretro. -
s
m
[ARQUIT]
Cada un dos espacios nos que se divide unha parede por medio dos machóns.
-
s
m
[ETN]
Caixa de madeira situada sobre a pedra do muíño onde se bota o gran para que vaia caendo pouco a pouco na quenlla.
Sinónimos: moxega, tremoia. -
s
m
[ETN]
Obxecto de madeira semellante a unha caixa aberta por un lado que utilizaban as lavandeiras para protexerse da humidade.
-
caixon de arrear
alforxa.
Frases feitas
-
Caixón de xastre. Conxunto de cousas mesturadas sen relación entre elas ou lugar onde están.