caixa
(< lat capsa)
-
-
s
f
Recipiente de forma regular, xeralmente cúbica, de madeira, cartón, metal ou doutros materiais, con ou sen tapa, que adoita usarse para gardar e transportar obxectos.
Ex: Gardamos todos os libros nas caixas. A tendeira comprou unha caixa de laranxas.
-
s
f
Contido dunha caixa.
Ex: Comeron unha caixa enteira de galletas.
Sinónimos: caixada. -
s
f
Carcasa total ou parcial dun moble, especialmente a parte dunha mesa que contén os caixóns.
-
s
f
[ETN]
Parte do muíño que consta dunhas táboas dispostas en forma de cadrado, que rodea a moa e que serve para ir recollendo a fariña que cae ao moer o gran.
-
caixa de cimentación
[CONSTR]
Caixa de madeira, formigón ou aceiro, de formas e dimensións moi variables, empregada para cimentar o terreo cando este tende á reptación, presenta correntes de auga subterráneas ou ben cando está mergullado. A súa función é evitar os desprendementos de terra e a inundación da obra. A caixa aberta ou caixa india está formada por unha ou máis células cilíndricas, abertas polos extremos, que se cravan no terreo a medida que se escava o fondo. Cando hai que traballar a grandes profundidades ou noutras condicións difíciles, emprégase a caixa de aire comprimido, provista dunha cámara na parte inferior onde se inxecta aire a presión para evitar a entrada de auga.
-
caixa de Kubiëna
[XEOL]
Receptáculo de folla de lata, de base rectangular e medidas normalizadas, que se utiliza, sobre todo, para recoller e conservar as mostras de solo.
-
caixa de urxencias
Armario pequeno ou estoxo con medicamentos, gasas e útiles farmacéuticos para casos de urxencia.
-
caixa do correo
Receptáculo no que, a través dunha abertura longa e estreita, se deposita a correspondencia. Comprende tanto os que a administración de Correos dispón polas rúas, provistos dun saco no que se recolle a correspondencia para a súa repartición posterior, como o que reúne o correo nos domicilios particulares.
Ex: Vou botar as cartas na caixa do correo.
-
caixa estanca
[MAR]
Caixa xeralmente metálica que serve de depósito de auga ou combustible.
-
caixa linneana/caixa de Dillen
[BOT]
Caixa de folla de lata ou de zinc, de forma alongada e sección transversal arredondada, cunha abertura lateral e cunha correa para levar colgada nas herborizacións. Emprégase para gardar nela as plantas recollidas e mantelas en lugar húmido mentres dura a xornada de campo.
-
s
f
-
s
f
Receptáculo longo con tapa, de madeira ou doutros materiais, onde se deposita un cadáver para o seu enterramento.
Ex: No enterro do meu avó levamos a caixa a ombros desde a igrexa ata o cemiterio.
Sinónimos: ataúde, cadaleito, caixón, féretro. Confrontacións: sartego. -
-
s
f
Recipiente, polo xeral metálico, empregado para protexer certos mecanismos, dispositivos, sistemas, etc.
Ex: O reloxo está montado nunha caixa de titanio.
-
s
f
[ENX]
Cuberta metálica e pechada que se utiliza para protexer as cabezas dos cables e as súas unións. Entre estes tipos de caixas destacan: a caixa de derivación, que permite derivar unha rama secundaria da principal; de conexión, que inclúe as unións dos fíos das instalacións domésticas; de unión, na que se xuntan as cabezas de dous tramos consecutivos de cable, e terminal, que protexe unha cabeza de cable.
-
s
f
[HIST]
Protección do busto usada polos guerreiros nos ss XIII e XIV.
-
s
f
[INFORM]
Parte exterior que cobre certos mecanismos en aparellos informáticos como un monitor ou unha unidade central de procesamento.
-
s
f
[ENX]
Revestimento metálico, xeralmente de aceiro, que cobre o edificio de contención dun reactor nuclear. Ten como finalidade protexer o reactor de fenómenos atmosféricos e tremores de terra.
-
caixa acústica /
[FÍS/TECNOL]
Caixa que se utiliza para conter un ou máis altofalantes, reducir a distorsión, mellorar a reprodución do extremo inferior da banda de frecuencias e evitar o curtocircuíto que se pode producir nun altofalante se está ao aire. A miúdo nunha caixa móntase un altofalante para sons graves e outro para sons agudos, e incluso un ou máis de sons medios. Na caixa infinita, o altofalante vai colocado nun oco feito nunha pantalla o bastante grande para eliminar o curtocircuíto acústico. Por razóns prácticas, esta pantalla prégase ata formar unha caixa hermética. Nas caixas corrixidas en fase, os altofalantes están dispostos para que o tempo de chegada dos sinais dos diferentes altofalantes sexa o mesmo. Nas caixas omnidireccionais, a colocación dos altofalantes simula a radiación dos instrumentos musicais. Unha variante da caixa infinita é a caixa reflexo, na que hai un oco na parte frontal cun tubo; o aire entra en resonancia e reforza así o altofalante de graves.
-
caixa de cadeas
[MAR]
Compartimento situado na proa dunha embarcación onde se garda a cadea da áncora, que vai suxeita no fondo da caixa por medio dun grillón de pasador.
-
caixa de cambios/caixa de marchas
[TECNOL]
Caixa onde vai encerrado o mecanismo que permite o cambio de velocidades dun automóbil.
-
caixa de condensadores
[ENX]
Conxunto de condensadores calibrados contidos dentro dunha mesma caixa. A súa finalidade é semellante á da caixa de resistencias.
-
caixa de resistencias
[ENX]
Conxunto de resistencias eléctricas calibradas contidas dentro dunha mesma caixa. As resistencias están colocadas de xeito que se poida acadar un valor de resistencia calquera entre uns límites determinados.
-
caixa refractaria
[ENX]
Receptáculo de material refractario que contén as pezas que non teñen que estar en contacto co lume dentro do forno.
-
s
f
-
-
s
f
Departamento dunha empresa, dunha entidade financeira ou da administración onde se efectúan pagamentos e cobros.
Ex: Para cobrar as facturas debes dirixirte á caixa.
-
s
f
Capital do que pode dispoñer un banqueiro ou unha entidade en diñeiro ou valores.
-
s
f
Cantidade de diñeiro que ingresa un establecemento comercial nun día.
Ex: Esta semana estamos facendo unha caixa de cinco millóns diarios.
-
Aparello empregado no comercio para rexistrar as entradas de cartos, produtos de venda, efectuar os cálculos apropiados e gardar o diñeiro. Funciona mediante un teclado, semellante ao das calculadoras. OBS: Tamén se denomina caixa rexistradora.
-
caixa de caudais
Depósito onde se garda diñeiro, documentos e obxectos de valor. Consiste nunha dobre caixa blindada, revestida dun material illante para protexela en caso de incendio e dotada dunha combinación para abrila e protexela de posibles roubos.
-
caixa de seguridade
Compartimento destinado a gardar diñeiro, documentos ou xoias, situado na zona blindada dun banco, que pode ser alugada polos clientes.
-
caixa forte
Caixa de caudais xeralmente encastrada nunha parede.
-
s
f
-
s
f
-
[CONSTR]
Espacio reservado no interior dun edifico para a escaleira, o ascensor ou a cheminea.
-
[ESPECT]
Espacio de amplitude variable, comprendido entre dous bastidores, que se sitúa aos lados esquerdo e dereito do escenario. Emprégase para organizar as entradas e saídas dos actores a escena.
-
[MAR]
Espacio entre dúas cadernas no interior dunha embarcación.
-
[MAR]
Compartimento dun barco que forma un espacio pechado para colocar e gardar provisións ou útiles de traballo.
-
[CONSTR]
-
s
f
[ARQUIT]
Nunha ensamblaxe ou unión, fendedura feita nun madeiro para encaixar nela o espigón doutro.
-
s
f
[ARTE]
Espacio enmarcado, situado na parte inferior dun debuxo, onde figuran o nome do obxecto debuxado, a escala, a data e o nome do debuxante.
-
[ECON]
-
s
f
Entidade financeira ou administrativa que recibe fondos en depósito e que se encarga de administralos e facer que rendan beneficios. Historicamente existiron varios tipos de caixas, entre as que salientan: caixas de previsión social, fundadas polo Instituto Nacional de Previsión para xestionar as operacións do Régimen Obligatorio del Retiro Obrero; caixas de resistencia, fondo constituído polas sociedades obreiras para afrontar períodos de folga ou desemprego que conformaban un elemento da loita obreira; e caixas de seguro, que tiñan por obxecto cubrir un soldo ante certos riscos individuais como a enfermidade, un accidente laboral ou a morte. Na actualidade actúan no sistema bancario español as caixas de aforros e as caixas rurais.
-
caixa de aforros
Entidade financeira pública ou privada de carácter inicialmente non lucrativo. O seu obxectivo fundacional era a administración de depósitos de aforros de primeiro grao para proveito dos depositantes do diñeiro; neste sentido, pagaban máis xuros que un banco. A súa finalidade é o fomento do aforro. Os beneficios destínanse a obras sociais, benéficas, culturais e sanitarias da localidade, comarca, comunidade ou estado onde radiquen as súas actividades. As súas actividades están reguladas por lei. A Lei de Bases de 1962 dispuxo a primeira reorganización das caixas de aforros no que respecta aos órganos de control e ampliou as súas operacións para apoiar as pequenas e medianas empresas, as actividades pesqueiras e agrícolas e para facilitar o acceso dos pequenos aforradores á vivenda. En 1977 estableceuse que podían realizar as mesmas operacións que as autorizadas á banca privada, sen outras limitacións que as vixentes para esta. Trala asimilación cos bancos, o seguinte feito que permitiu unha maior expansión das caixas de aforros foi a Lei de Caixas de Aforros de 1985, pola que se autorizaba a súa expansión fóra do ámbito no que foran creadas. A Xunta de Galicia regulou por lei as caixas de aforros galegas en 1985 e en 1989, polo que quedaban definitivamente equiparadas nos aspectos prácticos e operativos aos bancos. A súa administración corresponde á asemblea xeral, ao consello de administración e á comisión de control. As caixas de aforros teñen como precedente os montes de piedade, por exemplo o de Madrid (1703); sen embargo, a primeira caixa de aforros constituíuse en Hamburgo en 1778. Foi Jeremy Bentham quen ideou, a finais do s XVIII, as caixas de aforro como entidades públicas que recibían os aforros dos obreiros co obxecto de asegurar estes aforros e sobre todo garantir as xubilacións. As primeiras caixas de aforro galegas constituíronse no s XIX nun ámbito local, seguidas no s XX polas entidades de actuación provincial. A primeira foi a Caja de Ahorros y Monte de Piedad de La Coruña (1876), que en 1896 se fusionou coa Caja de Ahorros y Monte de Piedad de Lugo para crear a Caja de Ahorros y Monte de Piedad de La Coruña y Lugo. Seguírona a Caja de Ahorros y Monte de Piedad de Santiago de Compostela (1879), a Caja de Ahorros y Monte de Piedad Municipal de Vigo (1880), a Caja General de Ahorros y Monte de Piedad de Ferrol (1902), a Caja de Ahorros Provincial de Pontevedra (1929), a Caja de Ahorros Provincial de Orense (1933) e a Caja de Ahorros Provincial de Lugo (1968). No 2000, logo dun proceso de fusión entre varias destas entidades, seguen activas a Caixa de Aforros de Galicia (1978) e Caixa de Aforros de Vigo, Ourense e Pontevedra (2000).
-
caixa rural
Entidade de crédito agrario creada polos sindicatos agrícolas e inspirada polas caixas alemanas, creada por Raiffeisen a partir de 1869. A súa base era a mutualidade: todos os socios eran responsables solidariamente dos compromisos da caixa e o capital non daba xuros. A caixa rural garantía aos socios, que debían pertencer a comunidades agrícolas de reducido tamaño, a seguridade dos seus bens mobles e colleitas. A súa difusión por España comezou ao abeiro da Lei de Sindicatos Agrícolas de 1906 e tivo un ámbito de difusión local, comarcal e, só tardiamente, provincial. En Galicia as caixas rurais estiveron vinculadas, sobre todo, ao sindicalismo agrario católico de preguerra; sen embargo, houbo algúns casos alentados polo agrarismo non confesional, como o da Caja Rural del Lérez (1926-1936). Das numerosas caixas rurais de ámbito local que operaban en Galicia aínda na década dos setenta, destacan a Caja Rural Provincial de Orense (1961), a Caja Rural Provincial de Lugo (1966), a Caja Rural Cooperativa de Crédito Provincial de Pontevedra (1968) e a Caja Rural Provincial de La Coruña. No 2000 só permanecía operativa a Caixa Rural de Lugo.
-
caixa xeral de depósitos
Servicio do ministerio de Facenda que ten como función principal ser o único depositario das consignacións obrigatorias administrativas e xudiciais que se esixen en determinados casos.
-
s
f
-
[GRÁF]
-
s
f
Cadro ocupado nunha páxina pola impresión, prescindindo das marxes.
Ex: Imprimiuse o volume cunha caixa de texto de 12 por 18 cm.
-
caixa de imprenta
Caixón dividido en compartimentos onde están distribuídos as letras e os signos da imprenta. Divídese en tres sectores: a caixa alta, que contén as maiúsculas, a caixa baixa, que contén a maioría das minúsculas, e a contracaixa, que contén o resto das minúsculas e os signos.
-
s
f
-
[MÚS]
-
s
f
Cilindro de madeira ou de metal recuberto con dúas membranas que forma o corpo dun tambor.
-
s
f
Tambor con membranas que ten as súas orixes en España e América.
Ex: A procesión vai acompañada por caixas e tambores ata a catedral.
-
caixa chinesa
Instrumento idiófono consistente nunha madeira oca que soa ao bater contra ela unha baqueta pequena tamén de madeira.
-
caixa clara
Instrumento membranófono de percusión da familia dos tambores. Derivado do tambor de marcha militar, ten o cilindro máis curto (de 10 a 20 cm de ancho), produce un son máis agudo e ten un timbre máis claro. Soa batendo dúas baquetas de madeira. As empregadas en música lixeira ou jazz levan baixo a membrana inferior cinco ou máis cordas metálicas repercusivas que producen un son particular.
-
caixa de música
Caixa que reproduce pezas musicais a través dun mecanismo interior que consiste nunha serie de láminas metálicas que soan cando son rozadas polas púas dun cilindro xiratorio.
-
caixa de resonancia
Cavidade abovedada que amplifica as vibracións sonoras producidas polas cordas nos instrumentos cordófonos. Está formada por un corpo arqueado cunha tapa con dous ocos en forma de f ou de s, ou ben por un rosetón.
-
caixa expresiva
Cámara que illa unha parte dos tubos do órgano e que permite graduar a intensidade sonora sen cambiar o timbre. O seu uso foi introducido no s XVIII. Adoptouse sobre todo nos órganos de estética romántica e posromántica para responder ás necesidades do estilo sinfónico.
-
s
f
-
[TECNOL]
-
s
f
Cámara ou compartimento dun instrumento, aparello ou máquina, onde ten lugar un proceso ou que contén ou recolle un gas ou un líquido.
-
caixa de aire
Cámara dun alto forno, dun convertedor, etc, que distribúe o aire quente ás tobeiras.
-
caixa de distribución
Cámara dunha máquina de vapor por onde pasa o fluído antes de entrar no cilindro.
-
caixa de fume
Cámara dunha caldeira por onde pasa o fume antes de saír pola cheminea.
-
caixa de pos
Cámara intercalada nun circuíto de transporte pneumático da abertura do algodón onde se separan o po, os fragmentos de follas, etc, das fibras do algodón.
-
caixa de vaporizar
Cámara pola que circula o vapor de auga e que se utiliza para fixar as cores nas pezas de roupa estampada ou a torsión aos fíos.
-
s
f
-
[TRANSP]
-
s
f
Corpo principal dunha carruaxe, sen as rodas nin o eixe.
-
s
f
Habitáculo dun vehículo que inclúe a parte na que viaxan as persoas e as mercadorías.
-
s
f
Parte dun carro ou dun camión utilizada para levar a carga. Nos camións, está constituída xeralmente por unha armadura metálica fixada ao vehículo e recuberta de pranchas de ferro ou de madeira. Constrúense caixas adaptadas ao tipo de transporte e outras especiais para que poidan xirar.
Ex: O camión levaba a caixa cargada ata os topes.
-
caixa abatible [cast: volquete; ingl: wheelbarrow, tip-lorry]
Caixa móbil dun vehículo que permite o seu baleirado automático.
-
s
f
-
[IND]
-
caixa de machos
Caixa para moldear á man ou mecanicamente os machos que se utilizan nos moldes de fundición.
-
caixa de moldeamento
Armazón de madeira, ferro ou aluminio composta de diversas pezas onde se coloca o modelo, con area, para moldear, e onde posteriormente se coan as pezas de fundición. No moldeamento con unión plana, o molde está composto de dúas armazóns chamadas media caixa superior e media caixa inferior ou de fondo.
-
caixa de machos
-
[INFORM]
-
caixa do correo
Espacio reservado nun servidor dunha rede informática como a Internet para almacenar mensaxes de correo electrónico, desde onde se poderán recuperar para acceder ao seu contido.
-
caixa do correo colectiva
Espacio reservado nun servidor para almacenar as mensaxes de correo electrónico dos grupos de noticias ou foros de discusión, sendo estas accesibles aos membros dos mesmos. Quen accede a un grupo de noticias pode enviar as súas propias mensaxes a esta caixa do correo colectiva, ou tamén ao remitente particular dunha mensaxe concreta almacenada nesa caixa.
-
caixa do correo
-
caixa de luvas
[QUÍM/BIOL]
Recinto utilizado para manipular substancias perigosas ou para manter unha atmosfera illada, coa finalidade de evitar contaminacións do interior ao exterior, ou viceversa. Consiste nunha vitrina hermética que leva nunha das paredes unhas luvas, nas que o operador introduce as mans para realizar as manipulacións.
-
caixa de recruta/caixa de recrutamento
[BÉL]
Dependencia da zona de recrutamento destinada á inscrición e clasificación dos recrutas que teñen que cumprir o servicio militar activo.
-
caixa negra
[AERON]
Dispositivo electrónico que efectúa unha serie de funcións dentro dun sistema. Nos avións vai encaixada ao sistema de pilotaxe e rexistra todas as incidencias técnicas do voo. O aparello está blindado e permite determinar as causas que puideron orixinar un accidente.
-
caixa torácica
[ANAT]
Estrutura osteocartilaxinosa formada polo esterno, as cartilaxes costais, as costelas e a parte dorsal da columna vertebral.
Frases feitas
-
Ir detrás da miña caixa. Levar a alguén a enterrar.
-
Non tardar en ir detrás da miña caixa. Estar a morte próxima.