caixeiro -ra
caixeiro -ra
(< caixa)
-
s
Persoa encargada de realizar pagamentos e cobros nunha empresa, nunha entidade financeira ou nun organismo da administración pública.
Ex: Traballa de caixeira nun supermercado do barrio.
-
caixeiro automático
[ECON]
Aparello electrónico interactivo, dotado de pantalla e teclado, que permite aos clientes dunha entidade financeira efectuar diversas operacións de caixa e retirar o seu diñeiro dispoñendo soamente dunha tarxeta magnética dotada dun código de identificación persoal.