caixeiro -ra

caixeiro -ra

(< caixa)

  1. s

    Persoa encargada de realizar pagamentos e cobros nunha empresa, nunha entidade financeira ou nun organismo da administración pública.

    Ex: Traballa de caixeira nun supermercado do barrio.

  2. caixeiro automático [ECON]

    Aparello electrónico interactivo, dotado de pantalla e teclado, que permite aos clientes dunha entidade financeira efectuar diversas operacións de caixa e retirar o seu diñeiro dispoñendo soamente dunha tarxeta magnética dotada dun código de identificación persoal.

Palabras veciñas

Caixanova | caixarolo | Caixavigo | caixeiro -ra | caixista | caixón | caixumela