cadaverina

cadaverina

(< cadáver + -ina)

Nome científico: [1,5-pentandiamina:NH<sub> 2</sub> (CH<sub> 2</sub> )<sub> 5</sub> NH<sub> 2</sub> ]
s f [QUÍM]

Diamina de cadea lineal, fumegante e semellante a un xarope, que se fonde a 9°C e é soluble nos disolventes orgánicos. Prodúcese na putrefacción dos organismos, como produto final da descomposición dalgúns aminoácidos (ornitina e lisina) e, en xeral, das albuminas. É a causa do fedor nos cadáveres.

Palabras veciñas

Cadaveiro | cadáver | cadavérico -ca | cadaverina | cádavo | Cádavos | caddie*