Cadernos de Música Tradicional

Cadernos de Música Tradicional

Publicación de carácter monográfica dedicada ao grupo de gaiteiros Os Morenos de Lavadores. Saíu nos anos noventa do s XX. Escrita por Gerardo Fernández Santomé, contou coa colaboración de Araceli Romero Oliveira e Xosé Manoel Oliveira Rodríguez cun artigo titulado “Memoria viva agora!”. Está dividida en catro seccións; a primeira titúlase “Introdución”, a segunda “Investigación”, onde se inclúe a historia do grupo, un cadro cronolóxico, as viaxes polo estranxeiro, o material que empregaban e o traballo realizado; na terceira aparece un artigo de “Opinión”, de Juanjo Fernández, e na cuarta a serie “Documentos”.