1 cadete

1 cadete

(

  1. s m [BÉL]

    Soldado de familia pertencente á nobreza que ascendía directamente a oficial sen pasar polos rangos intermedios.

  2. s m [BÉL]

    Alumno dunha academia militar.

    Ex: A maior parte dos mariñeiros da fragata son cadetes.

  3. s m [DEP]
    1. En determinadas disciplinas deportivas, categoría na que se inclúen os practicantes dunha determinada idade, que normalmente se corresponde coa do inicio da adolescencia.

    2. Clase de embarcación de vela lixeira tripulada por dous navegantes, que xeralmente se emprega como barco de aprendizaxe.

  4. s m [ANIMAL/ORNIT]

    cardeal común.