Cadet, líquido de

Cadet, líquido de
[QUÍM]

Líquido dun cheiro repulsivo que se obtén por destilación ao quentar trióxido de arsénico cun acetato alcalino; coñécese tamén co nome de líquido arsénico fumegante, que ten como principal constituínte o óxido de cacodilo. Foi descuberto polo químico L. C. Cadet de Gassicourt (París 1731 - 1799).

Palabras veciñas

Cadernos do Povo | Cadernos Monográficos | Cadernos Parlamentarios | Cadet, líquido de | 1 cadete | 2 cadete | cadi