Cadet, líquido de
Cadet, líquido de
[QUÍM]
Líquido dun cheiro repulsivo que se obtén por destilación ao quentar trióxido de arsénico cun acetato alcalino; coñécese tamén co nome de líquido arsénico fumegante, que ten como principal constituínte o óxido de cacodilo. Foi descuberto polo químico L. C. Cadet de Gassicourt (París 1731 - 1799).