2 cadete

2 cadete
s m [HIST]

Membro do Konstitucionno-demokratičeskaja Partija (KD, Partido Constitucional Democrático) que estivo vixente en Rusia entre 1904 e 1917. Este partido propoñía a transformación do imperio nun réxime parlamentario constitucional. Opúxose ao goberno da duma. En 1917 dominaron o goberno provisional dirixido polo príncipe Lvov. Trala Revolución de Outubro desapareceron da escena política.

Palabras veciñas

Cadernos Parlamentarios | Cadet, líquido de | 1 cadete | 2 cadete | cadi | Cádiar | cádiga