Cadernos do Povo
Publicación editada a partir de 1986 nas cidades de Pontevedra e Braga, e subtitulada como “Revista internacional da lusofonia”. Está dirixida por José Luís Fontenla e codirixida por António Gil, Maria Rosa da Rocha Valente, Cristina de Mello e José Luís Pires Laranjeira. Promóvena as Irmandades da Fala da Galiza e Portugal, o Conselho Internacional da Lusofonia e a Associação de Amizade Galiza-Portugal. Inclúe artigos e traballos de carácter lingüístico e literario baixo o punto de vista do mundo lusófono. Amais, dedicou números especiais ao teatro, á poesía e á novela como a Antologia de Poesia Lusófona (nº 27-34), onde incluía contribucións poéticas de Carlos Durão, João Padrão, Isaura Soares e Ângelo Brea, entre outros. Destacan tamén os ensaios do profesor Américo Diogo da Universidade do Minho (Braga) e doutros investigadores de Galicia, Portugal, Brasil ou África.